Insoportable goteo de vítimas

Insoportable goteo de vítimas
05 de Decembro, 2023 - 02:26 h. | Publicada por Radio Fene

Concentración contra a violencia machista en Fene. Convocouna o Concello para lembrar a María Encarnación Regueiro Rodríguez, a muller de 80 anos asasinada o sábado, en Sigüeiro, no concello de Oroso. 

ESCOITA O PODCAST:

So unha semana despois do 25N. A concentración tivo lugar ás doce, diante da Casa do Concello, como manifestación de condena e rexeitamento por este novo asasinato machista. Representantes institucionais e persoal municipal, encabezados polo alcalde, Juventino Trigo, gardaron un minuto de silencio en memoria da vítima. Finalizado o acto, a concelleira de Igualdade, Sandra Permui, denunciaba o permanente goteo de mulleres mortas pola violencia machista. “Oxalá sexa a última e as mulleres poidamos ser libres”.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora