Inspirados na tradición

Inspirados na tradición
13 de Febreiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Imaxinación, composición e creación artística rodean a representación do Carnaval de Fene. As máscaras de raposiño e raposiña para o Entroido da comparsa Santa Compaña inspiráronse na tradición galega, dende os cigarróns de Verín, pantallas en Xinzo, os boteiros de Viana do Bolo a os peliqueiros de Laza. Porque o gran aporte do Carnaval galego reside na súa pluralidade. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa sobre o Entroido con Laura Bouza:

http://173.255.131.18/audio/120224BOUZA.mp3

As máscaras do raposo

A Santa Compaña reivindica o aspecto máis ancestral e primitivo da festa con fibras orgánicas, madeira e materiais moi da terra. Logran un Entroido sustentábel. “Fixemos cen pantallas con bobinas de cartón ondulado, comezamos coa elaboración de bocetos e un patrón” indica Laura Bouza, do laboratorio Laudas Calamity. Son cinco planos superpostos e xa no primeiro levántase o fuciño. Empregouse vimbio, esparto e logo a decoración vai con lazos. O personaxe do galo don Esmeraldino preside e relaciona toda a comparsa. Os raposos e raposas atacan os galiñeiros e queren levarse ás galiñas. 

 

Fotografía Xan Xe
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora