Integración no sistema galego de museos

Integración no sistema galego de museos
28 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Narón iniciará os trámites para crear e cualificar o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX) como Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural e integralo no sistema galego de Centros museísticos. Así se acordou no pleno celebrado o pasado xoves no Concello, co respaldo unánime da corporación. A través desta incorporación o centro poderá optar a convocatorias de axudas autonómicas.

Na convocatoria saíu adiante por unanimidade a declaración de especial
interese e utilidade municipal das obras de instalación fotovoltaica no lugar do
Cruceiro.
Así mesmo, aprobouse a prórroga do terceiro Plan de Igualdade de
Narón, que se manterá en vigor durante dous anos máis co fin de reforzar as
liñas que foron desenvoltas en menor medida e abundar nas actuacións que
foron máis exitosas, sen necesidade de introducir modificacións nin novas liñas
de traballo, tal e como se contempla no documento abordado no pleno.
Na sesión aprobouse inicialmente o regulamento de actividades de
conciliación en períodos de vacacións escolares desenvolvidas polo servizo
sociocomunitario municipal e cuxos requisitos se establecerán nas bases das
diferentes convocatorias. O acceso ás diferentes actividades terá deste xeito
unha seguridade xurídica. Así mesmo, aprobáronse inicialmente a modificación
do regulamento de participación cidadá do Concello e tamén o regulamento do
arquivo municipal do Concello, sobre os que non se presentaron alegacións
aos respectivos borradores das disposicións publicados e sometidos aos
trámites de audiencia e información públicas.
Os catro grupos políticos da corporación local levaron ao pleno unha
declaración institucional ante a catástrofe humanitaria causada polo brutal

ataque do estado israelí á poboación palestina de Gaza. Unha declaración que
responde á proposta achegada ao Consistorio pola organización Amnistía
Internacional. A través da mesma o Concello pide, entre outras medidas, o
cese do fogo inmediato para protexer a vida da poboación civil en Gaza; que as
autoridades israelís deixen de cometer actos prohibidos na Convención contra
o xenocidio contra a poboación palestina de Gaza, que Hamás e outros grupos
armados en Gaza liberen de inmediato ás persoas civís, que a UE exerza o seu
poder e influencia a favor dos dereitos humanos… Sobre esta declaración,
dende o BNG remarcaron na sesión plenaria que “hai acordos que non
compartimos”.
No apartado de mocións aprobáronse dúas do PP: unha delas para
acometer actuacións urxentes no Camiño da Cruz do Puso, na parroquia de
Doso, e outra sobre o estado do cemiterio municipal de Narón. A maiores,
tamén saíron adiante as mocións do PSOE reclamando o mantemento das
condicións económicas do servizo de Envellecemento activo e reclamando un
SAF digno en Narón. Tamén se aprobaron as dúas mocións presentadas polo
BNG, unha para a defensa do sistema público de atención á dependencia e
mellora do SAF e outra solicitando unha oficina do SEPE en Narón.

Institucional

Publica o teu comentario agora