ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Coruña acollerá o próximo sábado 27 de febreiro o primeiro Festival de Arte e Integración (FAI). Pretende mostrar as propostas artísticas que facilitan a integración social por parte de profesionais chegados de distintos puntos da península. Baixo a lema 'Nun escenario todos somos artistas: cos mesmos esforzos, vontades e sentimentos na procura dun obxectivo común: o goce do público', o FAI pretende ser "un festival da igua
Un escenario supón unha "ligazón" entre o artistas e o público co que se consegue "normalizar" a situación de persoas que poden atopar "outra forma de comunicar". A directora xerente de EXPOCoruña, Ana Montes, mostrouse "confiada" en que, a través deste proxecto, poderán achegar "determinada arte a todos os públicos".
Composto por catro espectáculos, catro conferencias e catro videoproxeccions, o FAI representa un punto de inflexión no labor de asociacións como a ONCE, O Pelouro ou 5S, que buscaron durante anos unha nova forma de integrar "sen mirar condicións ou circunstancias" e ofrecendo as mesmas oportunidades a todo o mundo". Desta maneira, disciplinas como o teatro, a música e a danza uniranse nun só día para crear "unha vía aberta e comunicadora" acerca dalgunhas iniciativas integradoras que se están a realizar na peninsula.