Intelixencia artificial en San Valentín

A intelixencia de San Valentín a Europa
22 de Xuño, 2021 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

San Valentín xa aparece no mapa de Europa grazas a un programa Erasmus onde participa o CPI A Xunqueira. Trátase de AI plus, unha iniciativa europea para introducir a Intelixencia Artificial no curriculum escolar. A Universidade da Coruña coordina o proxecto. Traballan con máis de 30 estudantes con idades entre 14 e 18 anos de distintos países. Finlandia, Lituania, Eslovenia, Italia, o IES David Buxán de Cambre e o CPI A Xunqueira de San Valentín en Fene.

ESCOITA O PODCAST:
4º de ESO. Colexio A Xunqueira de San Valentín. Fene

Implicaronse no proxecto en Fene un total de 12 persoas de 4º de ESO. Foron Sergio Rodriguez Bustabad, Lucia Rodriguez Bustabad, Victor Seco, Pablo Pazos e Alba Rocha. Tamén participan, Javier Cabezón, Hugo Payo, Daniel Casal, Lucia González, Iago Marcos, Pablo Santalla e Óscar Pita. A intelixencia artificial é un campo da tecnoloxía que tenta asimilar a mente dos humanos. Foi unha experiencia bastante positiva. Permitiu adquirir coñecementos sobre intelixencia artificial e coñecer xente doutros países. A profesora Blanca López Moreno coordinou a iniciativa á que aínda lle queda un curso. A Xunqueira de San Valentín continuará traballando no AI plus, incorporando a intelixencia artificial ao curriculum escolar.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora