ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Unha intensa xornada de fútbol celebrouse na tarde do sábado no campo de fútbol do Ramo de Barallobre. A segunda edición do Trofeo Concello de Fene disputouse nun triangular. Os premios consisten en vales para material deportivo: 700 euros para o Maniños, 500 euros para o Perlío e 300 euros para o Barallobre.

O primeiro partido do certame enfrentou ao Maniños e ao Perlío. Finalizou con empate sen goles. A penaltis venceu o Perlío por 4-1. No segundo encontro gañou o Maniños por un tanteo de 1-0 ao Barallobre. O último choque entre o Perlío e o Barallobre rematou en táboas con goles de Pocho e San Emeterio para o equipo dos Pinares e de Ponce e Óscar para os do Ramo.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora