Intentar calmar a dor

Intentar calmar a dor
23 de Novembro, 2022 - 10:12 h. | Publicada por Radio Fene

Que podemos facer desde a psicoloxía para intentar calmar a dor? Fíxose a pregunta José Barcia e apuntou algunha resposta esta mañá no espazo Vilanova na Fenestra de Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:
Andaina Por máis vida. 17 de xuño de 2018

Técnicas de relaxación, auto-coñecemento, movementos controlados e guiados. Traballos para reestruturar os enfoques da dor. Se unha persoa di que lle doe, é que lle doe. Os compoñentes psicosomáticos das doenzas empúxannos a buscar outras saídas para mellorar. Porque o sufrimento mental pode repercutir no estado físico. Sempre se pode actuar e buscar que a dor cause a menor consecuencia na vida diaria, afirma o psicólogo Barcia Tuccelli.

 

Na imaxe Andaina da Asociación Por + vida. Fene, 17 de xuño de 2018
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora