Interacción coa natureza

Interacción coa natureza
19 de Abril, 2023 - 09:24 h. | Publicada por Radio Fene

Unha fraga de Cambre cobra vida na obra de Pepablo Patinho ‘Receitas para cociñar o ar’. O actor e escritor ferrolán fálanos da importancia de interactuar coa natureza a través de orixinais relatos que naceron como un pretexto.

ESCOITA O PODCAST:

“Non sei ben se é un libro. En realidade, é un pretexto dunha idea da miña compañeira de Mamá Cabra, Gloria Mosquera. Ela tiña un proxecto nunha fraga que era do seu avó en Cambre e quería levar alí a nenos e nenas para que viran como é unha fraga e a vida que ten. Dentro desa fraga quería contarlles historias e eu lle propuxen escribir relatos”, explica Pepablo Patinho este mércores no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión ao tempo que resalta os valores da natureza. “O que vai detrás disto é a ecoloxía aínda que non me gusta tanto dicir ecoloxía senón a forma de vivir co medio ambiente e como interactuamos coa natureza”. Estase a perder o contacto co medio ambiente, algo que lamenta o autor deste libro editado por Embora. “Agora mesmo, moitos nenos e nenas non teñen ese contacto que tiñamos nós. Penso que as nosas experiencias vitais non están tan lonxanas cos nosos avós como os nenos de hoxe en día cos seus propios pais”.

Fotografía: Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora