ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O muralismo de gran formato permite interaccionar coa xente que pasa pola rúa. Conversar coas familias que levan a rapazada a xogar ao parque público. Afirmao así o artista chileno Cristobal Persona que esta mañá realizaba o seu mural do Perla Mural Fest na Praza verde de Perlío. A súa obra permite diferentes lecturas segundo explicou Cristobal a Radio Fene.

O mercado artesanal A paisaxe que sabe xa está instalado na explanada situada fronte aos módulos de Perlío. A artista valenciana Mandioh realiza a súa obra na Avenida de Tarrío, 78, en Perlío. Pola súa banda, o artista galego Bublegum (Tirso Paz), un dos creadores con maior proxección do panorama actual, intervirá na rúa da Paz, número 4. Os concertos empezarán na tarde de mañá venres. Entre outros grupos tocarán Melon Diesel e Carlangas Tamén participarán Zavala e as Atalaias de Caión.
Na imaxe, Cristobal Persona diante da súa obra na Praza Verde de Perlío
Publica o teu comentario agora