A interactividade do público, un dos obxectivos da Feira Medieval de Fene

A interactividade do público, un dos obxectivos da Feira Medieval de Fene

24 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene prepárase para a celebración esta fin de semana da I Feira Franca. Desde este venres 25 ata o domingo, numerosas actividades propias do medievo terán lugar na praza do Concello. Un dos membros de Al Andalus Medieval, empresa organizadora do evento, Fernando Puñal, explicou esta mañá en Radiofusión que se busca  a interactividade do público  e a súa participación. Haberá tamén po

O venres ás 7 da tarde abriran as paradas e comezará oficialmente a feira franca. Ás 8 do serán celebrarase unha cea popular con churrasco, unha cea que contará tamén con espectáculo musical .Os interesados deberán inscribirse previamente na portería do Concello. Na mañá do sábado terá lugar o pregón e o pasarrúas. Na tarde as actividades reanudarase ás 6 con teatro de marionetas e na noite haberá espectáculos de lume e danza do ventre. O fin de festa será o domingo.

Al Andalus, a empresa organizadora, traballan dende hai seis anos deste tipo de feiras e tamén organizaron os espectáculos de grandes músicos españois como Manolo García ou Joaquín Sabina.

Sociedade