ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Alumnos e alumnas da Escola de Especialidades Antonio de Escaño da Armada de Ferrol visitaron ao longo dos primeiros meses deste ano Radio Fene. Pertencen ao Departamento de Tecnoloxías da Comunicación e da Información. O centro imparte os cursos de acceso á condición de militar profesional.
Grupos de dez militares visitaron cada martes de 2025 os estudios de Radio Fene, vendo o funcionamento dunha radio local e escoitando as explicacións sobre a programación, o momento actual do audio e as perspectivas de futuro dos podcasts.
Na imaxe, os militares da Escola Antonio de Escaño co profesor Alfredo Fernández e co director de Radio Fene Henrique Sanfiz.
Fotografía Mateo Bouzón
Publica o teu comentario agora