A Internet a estudo

O reitor da UDC, Julio Abalde, inaugurará unha nova edición das Xornadas de Filosofía da Ciencia
13 de Febreiro, 2019 - 09:10 h. | Publicada por Radio Fene

O fenómeno da Internet é obxecto de estudo por parte dos mellores filósofos. O seu futuro será analisado nas Xornadas de Filosofía da Ciencia os dias 14 e 15 de marzo, no Campus de Ferrol.

O director do Institute for Data Exploration and Applications e Tetherless World Professor of Computer, WEB and Cognitive Sciences no Rensselaer Polytechnic Institut de Nueva York, James Hendler, impartirá a conferencia inaugural “O futuro da web” nas XXIV Xornadas de Filosofía e Metodoloxía Actual da Ciencia que se celebran no Campus de Ferrol os días 14 e 15 de marzo.Previamente, o reitor da UDC, Julio Abalde, inaugurará esta edición das xornadas de Filosofía da Ciencia, xunto co coordinador das mesmas, Wenceslao J. González, nun acto que será o día 14 ás 9:45h. Nesta ocasión, a temática xirará arredor de Internet e ciencia: análise desde a complexidade estrutural e dinámica. A continuación da intervención de Hendler sobre o futuro de internet, falará o profesor da University of Massachusetts Lowell Yan Luo sobre o deseño de internet de máquinas e humanos para o futuro.

As xornadas traerán a Ferrol a relatores do máximo nivel de universidades de Estados Unidos, Reino Unido, Tailandia, Noruega e España. A asistencia é libre previa inscrición. Outras das ponencias previstas no programa tratarán temas como a complexidade na construcción de internet, as tendencias na relación entre ciencia e internet, observatorios de datos, plusvalía dixital ou a necesidade dun novo enfoque económica para a economía creativa na era dixital.

Cultura

Publica o teu comentario agora