ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Axentes da Policía Nacional apresaron un veleiro, que transportaba 20 quilogramos de pasta base de cocaína, no porto da localidade coruñesa de Cariño e detiveron aos seus dous tripulantes, de nacionalidade francesa e búlgara, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública. Así mesmo, como consecuencia desta operación outras dez persoas foron detidas en Francia por efectivos da Policía francesa.
A operación, desenvolvida por axentes da UDYCO Central, GRECO e UDYCO de Galicia, tivo lugar tras producirse unha comunicación da Policía francesa solicitando colaboración para a localización e control do veleiro Koala II, embarcación que presumiblemente chegaría á zona de Ortigueira na provincia da Coruña, e que presuntamente era empregado por un grupo de narcotraficantes para transportar droga.