ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Detido un veciño de Chapela como presunto autor dun delito de tráfico de drogas. O mozo, de 22 anos de idade, tiña na súa vivenda unha plantación de marihuana cun total de 37 plantas.
Axentes da Policía Nacional detiveron a D.L.R., de 22 anos de idade tras comprobar a existencia dunha plantación de marihuana no seu domicilio en Chapela. Logo de ter coñecemento da existencia da plantación, funcionarios da policía xudicial procederon a rexistar a domicilio que tiña sido acondicionado para asegurar as condicions axeitadas de temperatura, ventilación e humidade para o cultivo deste tipo de plantas.
Intervíronse en total 37 plantas, así como diversos elementos para o seu cultivo como abonos, termómetros, hidrómetros, programadores, focos e unha pipa de fumar de gran tamaño (para o consumo de marihuana a nivel colectivo).
Comprobouse ademais que o fluido eléctrico que alimentaba a vivenda onde se cultivaba a droga non estaba sendo tarifado pola compañía eléctrica, xa que se tiña realizado unha conexión que evitaba o contador.
O detido carece de antecedentes policiais e pasou onte a disposición do Xulgado de Instrución número dous de Redondela.