ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Annie Leibovitz (Connecticut, 1949) é a fotógrafa mellor pagada do mundo. Foi a última en fotografar a John Lennon antes do seu asasinato en 1980. Coñecida polos seus retratos de famosos, tamén practicou a fotografía documental e de paisaxe. A exposidción da súa obra Wonderland pódese visitar no Centro MOP do Peirao da Batería da Coruña ata o 1 de maio de 2026.

"Adoito organizar o meu traballo de forma cronolóxica. As imaxes contan unha historia marcada polo tempo, por unha época. Pero hai fotografias que resoan con instantáneas de espazos e temporalidades diferentes. Non quedan presas no momento en que foron feitas. É a este tipo de imaxes ás que sempre acabo por volver" indica Annie, a quen Mick Jagger propuxo en 1975, ser a fotógrafa da xira Tour of the Americas dos Rolling Stones. Percorreu o país coa banda durante dous meses e disparou centos de carretes.
Publica o teu comentario agora