Invernadoiro 4.0

Invernadoiro 4..0
30 de Xuño, 2022 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

Invernadoiro 4.0 é un proxecto de innovación que actualmente desenvolve o IES de Fene. Deseñan unha ferramenta para monitoraxe e control dun invernadoiro eficiente para diferentes cultivos. A iniciativa parte da estrutura do invernadoiro e inclúe a instalación da rega, redución do consumo de enerxía e emprego de fontes renovábeis. 

ESCOITA O PODCAST:
Inés Piñeiro e Mónica Sarmiento

É só un dos proxectos de innovación que desenvolven no centro educativo segundo explican as profesoras Inés Piñeiro e Mónica Sarmiento. A matrícula no IES de Fene pódese formalizar ata o 5 de xullo na páxina web da Consellaría de Educación.

Sociedade

Publica o teu comentario agora