Investigadores galegos presentan os seus estudos sobre o polbo no Brasil

Investigadores galegos presentan os seus estudos sobre o polbo no Brasil

25 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Galicia é a primeira comunidade española en cultivo e explotación de cefalópodos, posto que se estima que se capturan anualmente entre 3.000 e 4.500 toneladas de polbo de roca, unhas 600 toneladas de choco e 500 toneladas de luras, ademais doutras especies. A comunidade galega é, ademais, unha potencia na industria de comercialización de cefalópodos conxelados e en produción e transformación destes recursos en conservas. Agora, o Consello Superi

Os obxectivos do evento son pór ao día os coñecementos sobre a bioloxía, a ecoloxía e o cultivo de cefalópodos (o polbo, a lura, o choco?), así como promover a toma de contacto e as colaboracións entre grupos de investigación punteiros que teñen entre as súas liñas de investigación esta clase de moluscos mariños.

O congreso articúlase, por unha banda, ao redor dos grupos de traballo: “O cultivo dos cefalópodos: avances e desafíos”, “Bioloxía, ecoloxía e biodiversidade dos cefalópodos”, “O comportamento dos cefalópodos durante as principais etapas da súa vida” e “A dinámica das poboacións de cefalópodos”.

Ángel Guerra Sierra, profesor de investigación do CSIC no IIM, foi convidado pola organización do congreso para impartir a conferencia inaugural “Estudando problemas: unha aproximación interdisciplinar á bioloxía dos cefalópodos”.

Ángel F. González, investigador científico do CSIC no IIM e membro do comité executivo de CIAC, presidirá a sesión “A relación dos cefalópodos e o medio ambiente” e presentará un estudo realizado en Galicia sobre a abundancia do polbo cabezón en dous períodos diferentes (1974-1976 e 2006-2008) investigación na que está a traballar para a súa tese doutoral Marcos Regueira Fernández.

Álvaro Roura Labiaga, bolseiro predoctoral do CSIC no IIM, presentará un traballo pioneiro a nivel mundial que permitiu esclarecer a dieta das larvas de polbo capturadas na natureza utilizando ferramentas moleculares novas aplicadas, por primeira vez, na ecoloxía trófica dos primeiros estadíos de crecemento dos cefalópodos.

Sociedade