Investigadores universitarios traballan para relanzar a sidra galega

Investigadores universitarios traballan para relanzar a sidra galega

26 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Seleccionar as variedades de mazá de maior calidade, potenciar o seu cultivo, avaliar os consumidores galegos e poñer a punto técnicas de elaboración que permitan obter novas sidras galegas de interese para o mercado. Estes son obxectivos que persegue o proxecto de investigación promovido por un equipo da Escola Politécnica Superior de Lugo, da Universidade de Santiago, coordinado pola profesora Belén D&i

En Galicia prodúcense cada ano unhas 85.000 toneladas de mazá, das que a metade son de sidra. Destas, dous terzos corresponden a ecotipos locais, que tradicionalmente se veñen comercializando en Asturias e o País Vasco, segundo explica Belén Díaz. “Entón, pódese afirmar que tanto a sidra asturiana como vasca deben a súa calidade, en parte, ás mazás galegas”, afirma a investigadora.

O proxecto de investigación persegue catro obxectivos. Por un lado, trátase de seleccionar plantacións galegas de mazá de sidra axeitadas para a elaboración de bebidas de elevada calidade. O segundo fin é buscar novos patróns na elaboración de sidras, tratando de optimizar os parámetros fundamentais e o terceiro, potenciar o cultivo regular en Galicia das variedades autóctonas seleccionadas. Por último, o equipo da Universidade realizará a caracterización sensorial dos diferentes produtos obtidos, para o que se empregará un panel de catadores previamente adestrado.

Sociedade