Investigan a presunta malversación de fondos na Fundación Camilo José Cela

Investigan a presunta malversación de fondos na Fundación Camilo José Cela

02 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A xuíza que investiga un caso de suposta malversación, estafa e apropiación indebida na Fundación Camilo José Cela imputou ao exconselleiro de Manuel Fraga Dositeo Rodríguez, actual membro do Consello de Contas na área de Conta Xeral, pola súa vinculación co despedimento do que foi director xerente desta entidade, Tomás Cavanna Benet, e cítao para declarar o próximo 22 de xullo. Un día antes, o 21 de xullo, est&

Estas citacións están recollidas nun auto ditado pola xuíza en días pasados, e no cal se require á que foi nomeada presidenta honorífica da entidade que acuda presencialmente, debido ao volume da información recollida no sumario. Ademais, tamén foi chamada a declarar a filla de Dositeo Rodríguez, Covadonga Rodríguez, na súa condición de subdirectora da fundación e que figura no intercambio de correos electrónicos vinculados ao cesamento da relación laboral do que era director xerente da fundación.
A xuíza tamén imputou ao secretario da fundación, e, desta maneira, son un total de cinco persoas as chamadas a declarar entre o 21 e o 22 de xullo por supostos delitos de malversación de fondos públicos. Ademais, a Marina Castaño e Tomás Cavanna impútaselles fraude en subvencións e apropiación indebida.

O que foi conselleiro de Presidencia con Fraga e candidato do PP á Alcaldía de Santiago emitiu un comunicado no que deu a coñecer a chamada a declarar como imputado na súa condición de antigo patrón da Fundación Camilo José Cela. Rodríguez di que se lle imputa penalmente por considerar que o despedimento de Tomás Cavanna foi "simulado e pago con fondos públicos, sen consentimento das administracións que financiaban a entidade". Nesta situación, explica que o cesamento de Cavanna "foi válidamente aprobado polo padroado da fundación", co "beneplácito" da Xunta, e conforme ao plan de viabilidade financiado con fondos públicos con cargo á addenda do convenio entre a Xunta e a fundación, a través das xustificacións establecidas no propio documento.
Con todo, a xuíza sospeita que houbo unha simulación de despedimento do director xerente sobre a base duns correos electrónicos nos que estarían tanto Dositeo como a súa filla. Fronte a eles, Dositeo Rodríguez asegura que Cavanna "nunca expresou o seu desexo de cesamento voluntario, senón todo o contrario, sempre esixiu que se formalizase conforme aos estatutos da fundación e suxeito á indemnización que lle correspondese".
Tamén a Xunta de Galicia emitiu un comunicado de prensa na mesma liña de Dositeo Rodríguez. Nel, asegura que o cesamento do xerente era "un requisito imprescindible para garantir a viabilidade da fundación --tiña un custo de 102.000 euros anuais-- e apunta que a indemnización (de 150.000 euros) "realizouse baixo os mesmos parámetros de cálculo que o usado co resto de empregados". Segundo Rodríguez, ofrecéronselle 32 días por ano traballado, "igual cómputo de días" que se ofreceu aos traballadores despedidos en 2009 por "causas obxectivas".
O caso vén de mediados de 2012, cando o fiscal de Santiago, Álvaro García Ortiz, denunciou á viúva e ao ex xerente da Fundación Cela por un suposto delito de malversación de caudais públicos. A denuncia detectaba tamén "base" para investigar a posible comisión de delitos de estafa, apropiación indebida e outros, como fraude fiscal, polo desvío a unha sociedade privada das devolucións do IVE da Fundación Cela, que está exenta de tributación, así como por cargar a esta entidade cultural gastos privados. A investigación iniciouse por mor da denuncia presentada por Lola Ramos, unha veciña de Iria Flavia, localidade na que está situada desde o ano 1991 a institución. Ramos achegara á Fiscalía de Galicia información relativa a supostos transvasamentos de diñeiro efectuados entre a fundación, sen ánimo de lucro, e sociedades propiedade de Cela e Castaño.
Nunha primeira valoración de urxencia, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, defendeu que non hai razón de "incompatibilidade" entre a nova situación xudicial de Dositeo Rddríguez e o cargo que ocupa no Consello de Contas.

Sociedade