ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Garda Civil rexistrou as oficinas da planta de Sogama en Cerceda incautando documentación e discos duros de ordenador de todas as áreas de xestión da firma. Un Xulgado de instrucción da Coruña ordenou a actuación que se prolongou desde as nove da mañá ata as seis da tarde.
O escándalo polas anomalías contables no seo da empresa pública saltou o pasado día 20, cando se soubo que altos cargos de Sogama denunciaran ante a Consellería de Economía e a Intervención Xeral da Xunta a firma de contratos millonarios irregulares.
Catro dirixentes da empresa pública acusaron o 12 de novembro, nun escrito dirixido ao departamento de Fernández Antonio, que Sogama adxudicara "a dedo" o lixo excedente do vertedoiro municipal coruñés de Nostián. Segundo esa denuncia, Danigal era a empresa privada beneficiada pola sociedade pública para xestionar os rexeitamentos. Esta concesión "arbitraria e unilateral" do presidente de Sogama, José Álvarez, reportoulle a Danigal no último ano unha facturación de máis de catro millóns.
Tamén Comisións Obreiras censura o que califica como "nefasta xestión tanto económica como ambiental". O sindicato afirma que a recente adxudicación da mecanización da planta de clasificación de envases se produciu en contra de dous informes técnicos. A obra non foi recepcionada por fallos no deseño, segundo salienta CCOO.