ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Boas noticias esta semana protagonizadas polo Maniños feminino. Venceu ao Ordes no Pote. 4-2 quedou o marcador. “Fixemos un partido bastante completo e foi todo sobre rodas”, comenta o adestrador Xurxo Rodríguez.

“As primeiras ocasións foron delas, tiveron dúas bastante claras, pero despois conseguimos unha dinámica boa en todas as liñas”, explica o técnico do Maniños. O equipo fíxose cos tres puntos que “supoñen unha inxección de confianza para os próximos partidos”, felicítase Xurxo Rodríguez. Os tantos do Maniños marcados por Lara, que fixo o primeiro e o cuarto, e Lorena e Andrea.
Publica o teu comentario agora