Ioga para doentes de cancro

Ioga para doentes de cancro
06 de Setembro, 2022 - 01:52 h. | Publicada por Radio Fene

Aberto o prazo de inscrición para o programa de oncoioga da Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea. Son 10 prazas para participar nas sesións dun dos programas que desenvolve Asotrame na comarca de Ferrolterra.

ESCOITA O PODCAST:

As clases de ioga para doentes de cancro, ex doentes e familiares comezarán a semana que vén. Serán os mércores e prolongaranse ata o mes de agosto, segundo informou a educadora social de Asotrame, María Filgueira. Esta é a cuarta edición dun programa que ten moito éxito polo que a maioría dos participantes repiten e son poucas as prazas dispoñibles. Está aberto a doentes de calquera tipo de cancro, non só de sangue e, segundo explica Filgueira achega moitos beneficios para mellorar a calidade de vida dos doentes. Axuda por exemplo, ao control das emocións.

Asotrame conta con case 80 socios e dá atención a unhas 90 persoas na provincia da Coruña. Entre as actividades que oferta figura un Club de Lectura. As sesións son telemáticas e darán comezo o vindeiro día 15 de setembro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora