ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación galega de persoas transplantadas de medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas, Asotrame, abre a inscrición para o novo curso de ioga adaptado para pacientes de cancro. Oncoioga, unha iniciativa da que falou en Radio Fene a coordinadora de proxectos de Asotrame, María Filgueira.
“O beneficio físico é practicamente inmediato, hai xente de 80 anos que é unha marabilla velas no grupo”. María Filgueira destacou que a práctica do ioga axuda a nivel emocional e tamén físico ás persoas que teñen algún tipo de cancro. Este ano o número de prazas que ofrece Asotrame aumenta a doce, dúas máis que en anos anteriores. As clases comezarán o 11 de setembro. Serán impartidas en Narón por Ana Freire. Terán lugar os mércores de 9.30 a 10.30 horas nas instalación de Samsara Integral Yoga, na rúa Velázquez, 29, moi preto da Casa do Concello de Narón. Teléfono da oficina central de Asotrame: 698 130 684.
Publica o teu comentario agora