ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As feiras e mercados son canais fundamentais para dar saída á produción de proximidade. Ademais son lugares de convivencia e comunicación e os cartos que alí se gastan non emigran. Sobre "Feiras, mercados e prazas de abastos" versará un acto que se celebra este domingo entre as 11 e as 13 horas no local da Asociación Veciñal de Perlío. Como todos os segundos e cuartos domingos de mes, esa parroquia de Fene celebra feira. No acto tamén se entregarán os premios do I Concurso Interinstitutos Onda Ods ao IES O Pazo de Fene.

A profesora da USC Mar Pérez Fra, a bióloga de Eo Alimenta Eva López Quiroga e o historiador Francisco Garcia disertarán sobre as posibilidades de futuro de feiras e prazas de abastos. O coloquio enmarcase no proxecto Onda Ods, o futuro é teu, organizado por Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucia, Rtv Cardedeu La Xarxa e a Rede de Medios Comunitarios. Contan coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Na imaxe, festas en Perlío
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora