A ira dos seguidores de Bolsonaro

A ira dos seguidores de Bolsonaro
02 de Novembro, 2022 - 12:07 h. | Publicada por Radio Fene

As declaracións de Bolsonaro aplacaron a ira dos seus seguidores. O psicólogo José Barcia fala das razóns para responder con ira diante do resultado das eleccións do domingo en Brasil. "Podemos educar o comportamento para lograr controlar a ira" indicou esta mañá na Fenestra de Radio Fene. Barcia tamén se referiu á labazada de Will Smith a Chris Rock na gala de entrega dos Oscars. Smith pediu perdón pero indica que viviu desde aquela un verdadeiro calvario.

ESCOITA O PODCAST:
Jose Barcia Tuccelli, psicólogo

Bolsonaro evitou falar da súa derrota pero asegurou que cumprirá o mandato da Constitución. O presidente do Brasil rompeu o seu silencio cunha declaración de dous minutos, dous dias despois dos comicios. As declaracións do candidato do Partido Liberal desactivaron os bloqueos de estradas organizados pola patronal do transporte en nove Estados do país. Lula da Silva recibiu o apoio de 60 millóns de brasileiras e brasileiros para o seu terceiro mandato á fronte do país. Venceu ao actual mandatario, Jair Bolsonaro, da extrema dereita. 

Institucional

Publica o teu comentario agora