ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A escritora e realizadora fenesa participa na campaña "Chámalle como queiras", da Deputación Provincial de A Coruña, cunha producción audiovisual titulada "Dous homes e un suicidio". Esta fin de semana rodará o sábado en Punta Frouxeira e o domingo en Fene. Ao remate, o traballo presentarase o vindeiro 18 de xuño nunha gala que se celebrará no Pazo da Cultura de Narón.
"Dous homes tentan suicidarse no mesmo lugar e se pelexan por obter todo o poder sobre ese espazo". Con este guión como telón de fondo, Iria López afronta a que será a súa primeira curtametraxe de ficción. Despois de realizar varios traballos de tipo documental, a xoven realizadora amósase encantada con este novo proxecto no que volve colaborar coa productora Mr. Misto e no que participan outros cinco directores galegos.
Aínda que practicamente toda a historia de "Dous homes e un suicidio" se desenvolve nos cantís de Punta Frouxeira, Iria López explicou a Radiofusión que na curta se introduce nun determinado momento un "flashback" que lles obrigará a rodar algunhas esceas noutras localizacións coma os arredores da Piscina Municipal de Centieiras ou o apeadoiro de Perlío.
A rodaxe de Iria López Teijeiro encádrase dentro da campaña "Chámalle como queiras", unha iniciativa coa que se pretenden promocionar as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, cos seus recursos turísticos, naturais, paisaxísticos e patrimoniais. O programa, actualmente en marcha, inclúe varios apartados. Por un lado, a rodaxe de varios proxectos documentais que potencien os distintos concellos da zona como plató natural, pero tamén a realización de obradoiros de iniciación á curtametraxe ou a posta en marcha dun concurso audiovisual realizado en centros de ensino e con colectivos sociais das tres comarcas.