ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Irmandade Moncho Valcarce entregará o vindeiro sábado na Coruña os seus galardóns anuais á defensa e á promoción da terra. Os premios queren lembrar a figura e o compromiso do cura das Encrobas, falecido o 1 de febreiro de 1993. Segundo indica Manuel María na contracapa do libro de Brais do Castro, Moncho Valcarce, o cura das Encrobas, o sacerdote "primeiramente asumiu a súa condición de galego e logo a de c
Camilo Nogueira, ex eurodeputado e veterano político nacionalista, recibirá o Premio Moncho Valcarce á Defensa da Terra. A Asociación Socio-Pedagóxica de Galiza (AS-PG) será merecedora do Premio Moncho Valcarce á Promoción da Terra.
Os galardoados recibirán os seus premios nunha gala organizada pola Irmandade Moncho Valcarce o sábado, 26 de marzo na Coruña. Durante a entrega dos premios presentarase o libro Moncho Valcarce un símbolo para Galiza. Diarios inéditos e outros textos.