ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Espreitar cara o futuro da creación literaria. Espreitar como o facía Ith, fillo de Breogán, que subido alí onde dende século tras século soben os coruñeses a divisar o horizonte infindo, na cimeira da Torre de Hércules, albiscou a terra de Eire. E así como dende o fogar de Breogán se localizou unha terra de porvir, así tamén Uxío Novoneyra imaxinou un futuro mellor coa sú
Ith é unha plataforma literaria baseada no financiamento colectivo que busca crear unha comunidade de lectores arredor de proxectos literarios moi especiais; ideas construídas sobre o principio do traballo en rede. Investigar, editar e divulgar de forma participativa e colaborativa son os obxectivos desta ferramenta, que aspira a canalizar accións que produzan cambios no actual escenario editorial.A Plataforma convida a que os contacten aquelas persoas que teñan unha idea para unha nova acción literaria. Buscan propostas editoriais, escénicas, musicais, curatoriais, festivais, encontros e outras accións que integren unha comunidade de lectores libre e aberta.
Ith é unha é iniciativa da Fundación Uxío Novoneyra desenvolvida co apoio do Ministerio de Cultura do Goberno de España e que engade o apoio da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.A idea de Ith nace nalgún momento do ano 2011 nas cabezas de Carlos Arias, Uxío Novoneyra e Branca Novoneyra, na procura dunha ferramenta que permitise canalizar toda a creatividade que se dá na cultura galega dun xeito aberto e plural e que transcendese os moldes habituais dos circuítos culturais que xa coñecemos.