ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene conta cun borrador orzamentario listo para ser aprobado, declarou esta mañá en Radiofusión o alcalde de Fene, Iván Puentes. Tras os traballos para dar a forma definitiva entregaranse, a semana que vén, as copias correspondentes a todos os grupos da oposición para acadar un consenso.
Puentes amósase satisfeito e sinalou que o goberno municipal cumpriu a súa palabra ao ter uns presupostos no mes de xaneiro. Queda agora os trámite de discusión e aprobación.
Respecto ás obras que os socialistas incluirán dentro do II Plan E, estudaranse as máis prioritarias dentro do millón e medio de euros destinados a Fene. Os traballos dirixiranse a tres liñas fundamentais. Un capítulo especial terán os servizos sociais coa financiación da prestación da Lei da Dependencia, a habilitación dun novo local social en San Valentín para este departamento e aposta en valor da zona alta de Marraxón. Concretamente recuperar ambientalmente a zona do Coto do Rei que conta con restos arqueolóxicos e que suporá un motor e un elemento dinamizador para Fene.
Este II Plan E incidirá , segundo o rexedor fenés, no aforro enerxético. Para iso renovarase o alumeado antigo por outro de baixo consumo e con maior potencia lumínica. A substitución conmezarase nas vías principais para continuar polas zonas máis rurais. O terceiro dos obxectivos plantexados polo goberno municipal dentro desta partida orzamentaria concedida polo executivo español é o estudo da posibilidade de introducción da rede de auga e alcantarillado.