Ivan Ares gaña o Rallye de Ferrol

Iván Ares gaña o Rallye de Ferrol
21 de Agosto, 2021 - 06:26 h. | Publicada por Radio Fene

"Estou máis afeito ao asfalto" declarou Iván Ares. Este é o primeiro ano que o piloto de Cambre corre en circuitos de terra. "No primeiro tramo tivemos un problema de potencia e perdemos 9 segundos, pero logo fomos a máis". José Antonio Suarez "Cohete", Llarena, Pardo e Vinyes demostran o gran nivel da competición. 

ESCOITA O PODCAST:
Tatty Lavandeira en conversa con Iván Ares

Iván Ares e David Vázquez lograron a vitoria no Rally de Ferrol, sexta proba puntuable para o Campionato de España. Ante a súa afección, a poucos quilómetros de casa, o piloto galego volveu subir ao máis alto do podio tras máis dun ano sen saborear os meles do triunfo. A súa última vitoria foi no Rally RACE Comunidade de Madrid, en 2019. Un resultado que lle permite aumentar as súas opcións na pelexa polo título estatal. Hyundai mantense na cabeza da clasificación de marcas tras as seis primeiras probas da tempada. A cita galega era a sexta da tempada, cuarta en asfalto, e de novo foi moi complicada para os participantes. É un dos rallys máis difíciles do ano e así se volveu a demostrar, con múltiples picadas e incidentes entre os principais protagonistas. Ares soubo escapar aos problemas, mantivo un ritmo moi constante nas dúas xornadas e finalmente volveu a subir ao chanzo máis alto do podio para alegría da afección galega.

Deportes

Publica o teu comentario agora