Janice López Castelo acada un bronce no Open de España de Tae Kwon Do

Janice López Castelo acada un bronce no Open de España de Tae Kwon Do

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Taekwondista vilalbesa Janice López Castelo, que compite baixo as cores da Escola Moo Duk Kwan da capital chairega, amosou a súa calidade ao rematar no terceiro posto do Open de España desta arte marcial, dentro da categoría cadete no peso lixeiro. O evento, que é unha das grandes citas do panorama peninsular, celebrouse en Alicante o pasado fin de semana.

O devir de Castelo no torneo levantino foi impecable desde o comezo, xa que o seu primeiro combate rematou cun definitorio 12-2, mentres que o segundo finalizou cun 9-5 a favor da vilalbesa. O único lunar á actuación de López Castelo foi a  semifinal, onde caeu derrotada pola gañadora final, a xermana do Club Ostalb, Patricia Werstein. O segundo posto foi para a murciana do Club TKD Horadada, Eva María Espina; mentres que no bronce, María Dolores López, do Club Koryo de Murcia, acompañou a Janice López no terceiro caixón do podio.

Deportes