Javier Nogueira, presidente da Federación de Caza: “Os rapaces poden cazar dende os 14 anos e facelo con armas coa tutela dun maior”

Javier Nogueira, presidente da Federación de Caza: “Os rapaces poden cazar dende os 14 anos e facelo con armas coa tutela dun maior”

03 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A actividade cinexética en Galicia contará cun novo marco legal ao concluír a tramitación parlamentaria do anteproxecto presentado pola Consellaría de Medio Rural e cuxo deseño resulta a satisfacción da Federación Galega de Caza. “As leis teñen que ser dinámicas e adaptarse ao progreso da caza maior”, defendeu en Radiofusiòn o presidente dos 60.000 cazadores galegos federados, Javier Nogueira. Fronte ás voces que

O feito de que Galicia xa non sexa unha sociedade rural fai perigar o relevo xeracional da caza, explica a Federación apoiándose nun estudo socioeconómico do sector elaborado pola Universidade de Santiago e que sitúa o perfil do cazador como o dun home duns 40 anos de idade e que comparte todas as características do cidadán medio. O voceiro dos cazadores, Javier Nogueira, reclama que se promocione a súa actividade como un instrumento “imprescindible para a xestión da biodiversidade” e se traballe, dende as escolas, na educación cinexético-ambiental.

Verbo da medida máis polémica da futura lei, a rebaixa dos 16 aos 14 anos como idade mínima para obter unha licenza de caza, Nogueira asegura que “non era moi lóxico” que se puidese obter unha licenza de armas a idade máis precoz e logo houbese que agardar para participar en batidas. Agora os mozos de 14 poderán participar sen armas e para levalas Nogueira defende que, mentres sexan menores, o fagan “coa tutela dun maior”.

A Federación Galega de Caza celebra que se flexibilice a posibilidade de actuar nos vedados, que “sen xestión cinexética convertíanse en refuxio de certos animais”. Engade que arestora os problemas que causan os xabaríns e corzos crean “unha reclamación social” para que se controle a poboación. Ao mesmo tempo compártese a decisión de que se cree un fondo de corresponsabilidade para paliar os danos no monte, que deben integrar “agricultores, cazadores e administración”. O monte galego mudou nos últimos anos e as leis deben ser acaidas á “idiosincrasia” do país, conclúe Javier Nogueira.

Sociedade