Javier Ruzafa e Tania Álvarez gañan na Adolfo Ros

Javier Ruzafa e Tania Álvarez gañan na Adolfo Ros
12 de Decembro, 2022 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

Javier Ruzafa e Tania Álvarez impóñense na Adolfo Ros. Uns oitocentos corredores participaron na cita máis emblemática da ria de Ferrol. A xornada acompañou cunha mañá soleada perfecta para o atletismo. O corredor murciano do club do Porto de Cartaxena foi o máis rápido en completar os 21 quilómetros de percorrido dunha proba que saíu do paseo marítimo de San Valentín. 

Fotografía Xan Xe

Na carreira tamén participaron 19 corredores solidarios coa Asociación Española Familia ATaxia-Telengiectasia. Trátase dunha doenza rara, xenética e neurodexenerativa. Causa Discapacidade física progresiva. Con eles correron Patricia de Lalín e Sonia de Ferrol, as dúas únicas afectadas por ataxia telengiectasia en Galicia.

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora