Jenaro Pérez Villaamil, acuarelista romántico e exaltado

Jenaro Pérez Villaamil, acuarelista romántico e exaltado

03 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tal dia coma hoxe, un 3 de febreiro de 1807 naceu Ferrol Jenaro Pérez Villaamil, o pintor romántico máis prestixioso do século XIX na Península Ibérica. Nos seus óleos a figura humana entra a formar parte do conxunto sen roubarlle protagonismo nengún á paisaxe, como un motivo máis que é propio da natureza.

Mantivo unha estancia de tres anos en Porto Rico, onde decorou o teatro de San Juan. En 1835 dirixe a Academia de Bellas Artes de San Fernando e é pintor de Cámara de Isabel II no ano 1840. Realizou numerosas acuarelas e debuxos de paisaxes da Graña, Mugardos e Pontedeume. Parte da súa obra consérvase no Museo Provincial de Belas Artes da Coruña.

 

En 1996 organizouse en Ferrol unha exposición antolóxica do pintor. A comisaria da mostra Beatriz Martinez falaba de Jenaro Pérez Villaamil como o pintor romántico máis significativo do século dezanove.  Pérez Villaamil morreu aos 47 anos dunha afección hepática, en plena madurez artística.

Cultura