Jessica García: " A implicación da cidadanía é moi importante"

Jessica García: " A implicación da cidadanía é moi importante"
09 de Maio, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

A implicación da cidadanía na defensa dos dereitos humanos é moi importante. As minas anti persona ou as municións de racimo xa están prohibidas polo dereito internacional. “Grazas á movilización cidadá aprobouse o embargo de armas a Israel e outros paises seguiron ese exemplo” salienta a presidenta de Amnistia Internacional Galicia Jessica García. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa coa presidenta de Amnistia Internacional Galicia Jéssica García:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/290426GARCIA.mp3

"Somos unha organización de persoas para persoas", concluíu, destacando o impacto emocional que ten para un preso de conciencia saber que, desde fóra, alguén está a loitar pola súa liberdade, que hai unha persoa que se lembra del. Amnistia Internacional Galicia renovou xunta directiva na cita celebrada a finais de marzo no Ateneo Ferrolán. Quedaron elixidas Jessica García (presidenta) Alma Acuña (secretaria) Sara Prieto (tesoureira) e Rosa Gómez Amigo (vogal).  Amnistia Internacional España conta con máis de 100.000 persoas asociadas. E unha organización global e independente con máis de 10 millóns de integrantes que actuan contra a inxustiza defendendo os dereitos humanos en todo o mundo

Cultura

Publica o teu comentario agora