Jockeys, a música da memoria

Jockeys, a música da memoria

13 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

É coñecido o poder evocador da musica. Unha melodía desperta a nostalxia ao activar a memoria e trasladarnos a un tempo pasado. Algo diso acontecerá o vindeiro sábado no Ateneo Ferrolán. O grupo Jockeys presentará temas propios e versións da música pop. rock dos anos 60,70 e 80. O concerto principiará ás oito e media da tarde con entrada libre.

Jockeys fundouse no ano 1968, permanecendo en activo ata o ano 1973. O seu repertorio compoñíase de versións do pop-rock da época e de temas propios. Algúns dos grupos versionados eran: Los Salvajes, Los Mitos, Los Mustang, Lone Star, entre os españois, e polo que respecta os extranxeiros: Beatles, Rolling Stones, Schocking Blue, Credence Cleawater Revival, The Animals, Moddy Blues, Ohaio Express, etc. Os temas propios caracterizábanse por seguir a mesma línea que a música pop-rock que se facía na época dos 60 e 70. Son nuns casos, cancions melódicas tipo baladas e noutros temas alegres e movidos. No ano 2006, catro dos primeiros compoñentes, xunto con dous novos compañeiros, deciden retomar o grupo, co obxetivo de recordar, interpretando en vivo e totalmente en directo, a música da primeira época do mesmo, así coma compoñer novos temas propios, algúns deles en galego. Ademaís nas suas actuacións van incorporando versións de grupos do pop-rock de épocas maís recentes: Dire Straits, Los Secretos, La Guardia, Fito y Fitipaldis, etc.

Cultura