Jorge Campaña, novo secretario de Organización do PSdeG de Boiro

Jorge Campaña, novo secretario de Organización do PSdeG de Boiro

31 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Asamblea Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro celebrada vén de elexir a Jorge Campaña como novo Secretario de Organización. A elección constitúe un importante paso na aposta pola revitalización e a renovación emprendida pola agrupación socialista boirense. A Asamblea Xeral valorou positivamente a capacidade, espíritu emprendedor e dinamismo demostrados nos últimos anos por Campaña no desempeño das súas funcións como

O novo Secretario de Organización asume o reto con ilusión e determinación de cara á cita electoral de maio, e expresou a súa convicción de que a renovada lista electoral presentada pola agrupación para as vindeiras eleccións municipais acadará o respaldo dun amplo sector da sociedade boirense.

Campaña valorou o traballo realizado polo grupo socialista municipal nas últimas dúas lexislaturas, resaltando o labor de achegamento dos servicios básicos ás parroquias, así como o importante investimento realizado nas obras de ampliación do porto de Cabo de Cruz grazas á intervención e compromiso adquirido con Juan Jesús Ares polo expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Sociedade