ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Jorge Drexler presentará ao público galego os temas do seu último traballo discográfico, “Amar la trama”, dentro do apartado musical da programación do Teatro Colón Caixa Galicia. A actuación do oscarizado compositor uruguaio será este venres 9 de xullo ás oito do serán. Con este novo disco, volverá a encandilar ao público coa súa maneira única de contar historias e a súa profunda sensib
A oferta teatral voltará ao escenario do Colón Caixa Galicia coa representación da obra ‘La cena de los idiotas’, o 16 de xullo. Unha comedia dirixida por Juan José Afonso e protagonizada por Josema Yuste, Felisuco e Agustín González que engadiu unha segunda sesión ante o éxito de vendas.
A programación cultural do Teatro Colón Caixa Galicia continúa o día 22 de xullo co xenial pianista cubano Gonzalo Rubalcaba. O multipremiado músico ofrecerá ao público coruñés a súa persoal revisión en clave de jazz da tradición musical cubana.
O 23 de xullo outra comedia teatral soberá ao escenario do Colón Caixa Galicia. Nesta ocasión, Llum Barrera, Alejandra Jiménez-Cascón e Ángel Ruiz protagonizan a obra “Glorius, la peor cantante del mundo”, unha montaxe de Peter Quilter dirixida pola prestixiosa compañía madrileña Yllana.