Jorge Melero gaña o certame de cartas de amor de San Valentín

Jorge Melero gaña o certame de cartas de amor de San Valentín

13 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Puiden degustarte outra vez ao meu antollo, subir e baixar e escalar por todo o teu corpo como por unha enredadeira, saboreando ata o máis mínimo trozo de carne, mordisqueando como un neno sen noción do normal e o correcto, succionar unha orella, chupar un pezón, tirar dun beizo, atrapar con forza ese trozo de pescozo...
Diría que es tan só unha doce sensación, se non fose porque estás máis adentro, moi adentro, no fondo do

O xurado presidiuno a escritora Dulce López Rivera e formaban parte del o alcalde de Fene Iván Puentes e os concelleiros Carmen Silvar, Manuel Sánchez, Inés Roca e Juan José Franco. Actuou como secretario, Henrique Sanfiz, de Radiofusión. Dulce López destacou da carta gañadora, "as imaxes sensoriais que transmite xogando co mundo dos sentidos, a fluidez e frescura da linguaxe e a musicalidade lograda cunha ladaiña que se repite a modo de estribillo".

Nesta XI edición presentáronse ao certame un total de 33 orixinais procedentes de toda Galicia, e de localidades como Coimbra (Portugal) e Granada. O xurado salientou a elevada calidade literaria e os intensos sentimentos transmitidos por moitas das cartas presentadas. Tamén destacou o sentido do humor e a ironía incluidas nalgunhas misivas. O amor lésbico, homosexual, o desamor, as relacións na terceira idade ou as marcadas pola distancia e a emigración, foron algunhas das múltiples perspectivas coas que se abordou a temática por parte dos concursantes.

Radiofusión ven convocando o Certame de Cartas de Amor desde o ano 1997. O nome de Jorge Melero súmase agora ao de Adela del Río, Xosé Montero, Enma Pedreira, Dolores Couceiro, Emilio Ontañón, Francisco Maceira, Alicia Fernández Rodriguez e Pablo Jablonski, algúns dos gañadores en anteriores edicións.

Sociedade