Jorge Tuñas Caamaño, novo alcalde de Negreira

Jorge Tuñas Caamaño, novo alcalde de Negreira

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O número 2 da candidatura do PSdeG PSOE Jorge Tuñas Caamaño resultou elexido esta tarde noite alcalde de Negreira cos votos dos concelleiros do seu grupo e máis da edil do Partido Independiente de Negreira Pilar Pérez Pensado. Tuñas sustitue así a Juan Garcia Fuentes, o alcalde tamén socialista, dimitido no pasado mes de agosto.

A sesión plenaria durou pouco máis de 10 minutos, nos que o novo alcalde contou co respaldo da secretaria de organización do PSdeG PSOE Mar Barcón. O novo rexedor agradeceu o apoio recibido dentro da súa formación e por numerosos veciños. Ao remate da sesión lanzáronse bombas de palenque.

O cambio de alcalde en Negreira veu acompañado do anuncio do retorno á vida política do anterior mandatario municipal José Blanco Pazos. Foi alcalde polo Partido Popular pero nas pasadas eleccións locais non se presentou. José Blanco manifestou o seu desexo de concurrir aos comicios municipais do 2011, na lista do PP ou cunha candidatura independiente.

O anterior alcalde de Negreira José Blanco Pazos colleu sona polo seu discurso pronunciado en Ponte Maceira o 25 de xaneiro do 2005. Entroutras cousas dedicoulle os seguintes piropos a Manuel Fraga, daquela presidente da Xunta:

"Queridos amigos, cuidemos a Don Manuel. Don Manuel, tiene un estado en la cabeza. Cuidémos a Don Manuel, porque el dia que él falte, unos iremos para el infierno y otros para el purguratorio. (...)
Tenemos más de 90 núcleos hormigonados, que pueden andar todos en sapatillas. Y despues de haser tantas obras, temos cartos no banco."

Sociedade