José Antonio Ucha : “Todo responde a unha campaña perfectamente orquestrada para desprestixiarme”

José Antonio Ucha : “Todo responde a unha campaña perfectamente orquestrada para desprestixiarme”

22 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A acusación e a denuncia son falsas, recalcou en Radiofusión, o ex alcalde de Santa Comba, o socialista José Antonio Ucha, ao respecto da agresión que presuntamente infrinxiu ao concelleiro do PP, José Antelo, no transcurso dunha discusión. O socialista explicou que o parte de lesións presentado polo popular fai mención a un golpe no pómulo esquerdo e “todo  o mundo puido comprobou nos numerosos noticieiros onde apareceu que non prese

As acusacións cruzadas de agresión entre o concelleiro do PSOE, José Antonio Ucha  e o concelleiro do PP, José Antelo, continúan no disparadeiro. Ambos concelleiros denunciaron en dependencias xudiciais as presuntas agresións infrinxidas un a outro. Ucha relatou a súa versión dos feitos. “Atopábanos no transcurso dunha comisión de goberno e fóronse quentando os ánimos. Quedamos en discutilo tranquilamente fóra, tras a xuntanza. Logo fumos ao salón de plenos para aclarar as discrepancias e retomouse a discusión. Foi entón cando Antelo deume cunha cadeira e parei o golpe suxetándoa”. A pelexa parouse coa chegada do resto de concelleiros do PP e dos funcionarios, sinalou. “Nunca lle din un puñetazo” e todos os que estaban alí puideron comprbar que o asediado era eu”. O motivo da discusión era sobre a conformación da comisión ante a ausencia dalgúns concelleiros.

Tras o incidente, o partido popular lanzouse a unha frenética campaña de desprestixio perfectamente orquestrada con notas de prensa ata converter o acontecido nun escándalo mediático, indicou. Segundo o ex alcalde de Santa Comba, ante unhas acusacións tan graves non me o máis remedio que interpoñer unha denuncia. Aínda que non hai que xudicializar a vida política, esto afecta a miña familia e a todo o meu entorno, apuntou. De todos os xeitos non retirará a denuncia. Xa non hai volta atrás nen maneira de resarcirme destas falsedades.

O asunto queda agora en mans da xustiza. O PP pide a dimisión de Ucha ao que este responde que non ten senso cando non ten cargo político algún. “Somentes son o respresentante do meu partido”.

O concelleiro socialista amósase convencido que Antelo non se presentará no pleno de mañá xoves. “Non é capaz de dar a cara. Non coñece o xogo limpo”. Daquí en diante non tentarei razonar con esa persoa, ignorareino por completo, sentenciou.   

Sociedade