José Blanco: “Despois de dez anos na primeira liña hai que deixar o lugar a novos valores”

José Blanco: “Despois de dez anos na primeira liña hai que deixar o lugar a novos valores”

25 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O ministro de Fomento e vicesecretario xeral dos socialistas, José Blanco, referiuse esta mañá, tralo Consello de Ministros, á súa decisión de abandonar a primeira liña política tras o Congreso Federal do PSOE de febreiro. Asegura que fai “o que debe” e que “despois de ser o número dous durante dez anos o lóxico é apartarse para que entren novos valores”. Desmente así que a súa decisi&oacut

Desta decisión falaron tamén hoxe algúns dos alcaldes socialistas galegos. O de Vigo, Abel Caballero, dixo que Blanco foi o “ministro que máis apoiou a Vigo na súa historia” e cre que debería seguir. Na mesma liña se pronunciou o ex-rexedor compostelán e voceiro socialista en Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Dixo que “oxalá o vindeiro presidente español faga por Compostela o que fixo Blanco” e asegurou que a súa retirada da primeira liña non supón que deixe de ser “un grande activo dos socialistas”. En Lugo, o alcalde José López Orozco reivindicou o feito polo ministro de Fomento en funcións. Cre que é moi importante que non renuncie ao seu escano no Congreso para “seguir defendendo os intereses dos lucenses” e desmentiu que puidesen existir outros motivos, como a Operación Campión, á hora de que Blanco tomase esta decisión. Pola súa banda, o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, si atribuíu a marcha de Blanco á “bagaxe” dos socialistas e aos resultados electorais.

Institucional