José López Orozco reedita como alcalde de Lugo grazas ao pacto entre nacionalistas e socialistas

José López Orozco reedita como alcalde de Lugo grazas ao pacto entre nacionalistas e socialistas

08 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os nacionalistas de Lugo están dispostos a reeditar o pacto de goberno que lle dará a Alcaldía ao socialista José López Orozco. A decisión adoptada pola asemblea local do BNG veu acompañada doutra consecuencia: o cabeza de lista do Bloque, Antón Bao, anunciou que dedicará toda a súa atención ao goberno da cidade da Muralla, renunciando, xa que logo, á Deputación Provincial cu

Cómpre lembrar que a institución provincial de Lugo é a única que conservará goberno bipartito tralos pasados comicios do 22 de maio. Todo apunta a que o socialista José Ramón Gómez Besteiro continuará como presidente da Deputación.

Así as cousas, Antón Bao centrarase nos vindeiros días en negociar os acordos para un novo goberno conxunto, atendendo ao mandato da asemblea nacionalista.

O máis satisfeito pola decisión do Bloque de acceder ao diálogo pareceu o alcalde en funcións, Xosé López Orozco, a quen se lle abren as portas para reeditar mandato. Con todo, nesta xornada concedía que as negociacións entre as dúas forzas de esquerda terán "dificultades" porque se trata de partidos con "diferenzas".

No lado da oposición ficará o candidato do Partido Popular, Jaime Castiñeira, que encabezou a lista máis votada e que aspirou a Alcaldía até o punto de formular unha posible alianza co BNG que estes desbotaron. Castiñeira coida que o acontecido dende o 22M foi "unha obra de teatro" porque PsdeG e BNG sabían dende o principio que acabarían pactando.

Institucional