Jose Antonio Casais, dirixente de Feiraco: “No ano máis negro para os gandeiros, Lence presume de rendibilidade histórica”

Jose Antonio Casais, dirixente de Feiraco: “No ano máis negro para os gandeiros, Lence presume de rendibilidade histórica”

22 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

No marco dunha profunda crise do sector e co importante reto por diante de liderar a adquisición da planta de Outeiro de Rei, Feiraco celebra catro décadas de vida. A cooperativa renderá homenaxe este sábado en Ponte Maceira ao seu presidente de honra e fundador, Jesús García Calvo, coincidindo co 40 aniversario da súa acta fundacional. O proxecto naceu co fin de conseguir sacar aos gandeiros da precaria situación económica na que se atopaban no

Casais dirixiu duras críticas ás empresas lácteas, en xeral, e a algúns dos seus dirixentes, en particular. “Sufrimos o acoso permanente das industrias que non ven con bos ollos as cooperativas”, declarou, ao tempo que poñía como exemplo ao propietario de Leite Río. “No ano máis negro para os gandeiros, Jesús Lence presume de ter conseguido unha rendibilidade histórica”, asegurou o presidente do Consello Reitor de Feiraco, quen culpa da situación aos propios produtores: “Se conseguísemos unirnos, Lence dedicaríase a outros negocios”.

O futuro do sector, entende Jose Antonio Casais, pasa por crear un grupo de cooperativas e o primeiro paso cara ese obxectivo é o de adquirir a planta que Leche Pascual deixou en Outeiro de Rei. Nos micrófonos de Radiofusiòn, o dirixente de Feiraco amosouse optimista arredor do futuro dese proxecto que, segundo os seus cálculos, pode estar en marcha antes de final de ano. Malia as informacións contraditorias publicadas nas últimas semanas, Casais confía no apoio do Goberno galego.

Sociedade