Judo en Ferrolterra

Judo en Ferrolterra
05 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A moza fenesa Alba Bollo compite no Campionato Galego de Judo que se celebra este sábado en Lugo. Participará, tamén, no Campionato galego o naronés que adestra en Fene Hugo López. De Fene e Pontedeume saíu June Moreno que vén de revalidar o título de campioa de España junior e prepara en Pamplona coa selección Española a súa participación na Copa de Europa. O judo vive un bo momento en Ferrolterra.

ESCOITA O PODCAST:

“Estou moi contenta por revalidar o título, pero todavía quedan cousas grandes que facer,  quero a clasificación no europeo e o mundial junior”, declarou en Radio Fene June Moreno Campo, a judoka eumesa da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra”. “Moi contenta e motivada para seguir facendo o que máis me gusta, que é competir“. O seu adestrador, Alberto Castro, destacou que a principal fortaleza de June está “na súa cabeza, a súa mente privilexiada”.

“Autoestima, disciplina e valores como o respecto”, son valores que se traballan coa práctica das artes marciais, afirmou Alberto Castro, que dá clases na escola municipal de Fene e tamén no curso de defensa persoal feminina do Concello.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora