Judo na fin de semana

Judo na fin de semana
11 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

500 judokas de toda Galicia daranse cita en Fene na Liga Galicia Rías Altas. Unha destacada cita nun deporte que ten predicamento en Ferrolterra.No pavillón da Xunqueira, en San Valentín, disputarase este sábado a quinta e última xornada da competición. 

 

Máis de medio milleiro de judokas de toda Galicia, tamén algúns de Castela e León pertencentes a todas as categorías desde a benxamín ata categoría absoluta competirán o sábado en Fene. Dará comezo a xornada coa categoría sénior, a única que se fai por equipos. E disputarase o playoff polo título e o playoff do 6º ao 11º posto. As demais categorías son competición individual, por pesos e xénero. A categoría cadete empeza ás 11:45, seguidos da infantil ás 13:45h, a alevín ás 15:45 e terminando a xornada cos benjamíns ás 17:30h. O domingo á mañá terán lugar os exames de pase de grao a máis de 150 nenos e nenas dos clubs AD Judo Ferrolterra e Escola Judo Fene. 

Deportes

Publica o teu comentario agora