Kalandraka cumpre 15 anos o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Kalandraka cumpre 15 anos o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

01 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

KALANDRAKA cumpre o 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- o seu 15 aniversario. Dende a súa fundación o 2 de abril de 1998, a editorial leva publicados máis de 1300 títulos en diferentes linguas. Libros que, a partir desta semana, vanse poder adquirir online dende calquera lugar do mundo, a través dunha plataforma de comercio electrónico aloxada na páxina web www.kalandraka.com. Unha ferramenta que foi desenvolvida pola empresa inf

Nestes 15 anos de traxectoria, as publicacións de KALANDRAKA recibiron varios premios nacionais de edición e de ilustración; recoñecementos aos que se sumou recentemente o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural. Con presenza directa non só no estado español, senón tamén en Portugal, Italia, México e Brasil, a editorial galega vén afianzando a súa proxección exterior: tras participar na 50a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, a próxima cita sectorial á que asistirá será a Book Expo América de Nova York, do 29 de maio ao 1 de xuño.

VI PREMIO COMPOSTELA
Outro acontecemento relevante nesta semana do Día do Libro Infantil e Xuvenil é o fallo o VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que convocan Kalandraka e o Departamento de Educación de Santiago. O xurado emitirá o seu veredicto este venres 5 de abril despois de avalir os máis de 400 traballos que enviaron autores e ilustradores de
todo o mundo.

“Bandada”, de Julia Díaz e David Álvarez, “A viaxe de Olaf”, de Martín León Barreto, “A familia C”, de Pep Bruno e Mariona Cabassa, “Un gran soño”, de Felipe Ugalde, e “Cerca”, de Natalia Colombo, son as obras que conforman a colección dos Premios Compostela, aos que se presentaron máis de 2.100 obras nas súas seis edicións.

Sociedade