ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Kepa Junquera actuará a dúo con Xosé Manuel Budiño mañá sábado na Carballeira de Zas. Confirmáronno así a Radiofusión dende a organización do festival, esta mesma mañá. Como cada primeiro sábado de agosto dende hai 27 anos o mellor folc galego, nacional e internacional danse cita en Zas (A Coruña) na Festa da Carballeira. Nunha contorna inmellorable como é o anfiteatro natural da carballeira de Ve
A Asociación Cultural Castro Meda organiza unha nova edición da Festa da Carballeira, unha cita ineludible dentro do verán galego. Organizada en dúas partes, a primeira arrinca este sábado a partir das cinco da tarde coa actuación de tres grupos tradicionais. O grupo de baile da sociación Cultural Castro-Meda de Zas, o grupo de baile Donaire de A Coruña e a Banda de gaitas Maruxía de Laxe. A partir das nove da noite Zas vibrará denovo coa súa noite folc. Actuarán os lugueses Clan Maragato, Quempallou, os vascos Kepa Junquera, os bretóns Gwendal e os coruñeses Banda Potemkin.
A entrada custa cinco euros e os asistentes recibirán, como agasallo, un CD conmemorativo do festival con dúas cancións de cada grupo. Haberá zona de acampada e aparcadoiro, así como menu do día a base de churrasco, raxo, calamares, pimentos de Padrón, patacas ali-oli e empanada. Paralelamente o Centro de Usos Múltiples de Zas acolle, desde o pasado 1 de agosto ata este sábado 7, día do festival, unha exposición sobre a historia desta celebración.