A Killzone 3, unha das grandes bazas de Sony

A Killzone 3, unha das grandes bazas de Sony

24 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Killzone 3,  unha das grandes bazas de Sony e a súa PS3 chegou este 23 de Febreiro as tendas. Sony presentanos xunto a Guerrilla Games un excepcional shooter en primeira persoa. Unha historia divertida e un online magnifico fan deste xogo un dos grandes lanzamentos deste ano para PS3.

A historia continua onde acaba a do Killzone 2, con Visari morto. Despois desto, o empresario que distribue as armas Helghast, Stahl e un almirante do exército fanse co poder ainda que pouco duraran estes dous xuntos...
Durante a historia debes intentar chegar á evacuación de helghan pero as cousas complicanse. A salsa da historia é non coñecela antes de xogala portanto, ahi deixo de contar o que sucede. Faise mais divertida a campaña grazas as incrusións de esceas en coches ou en exoesqueletos.

Tecnicamente, o Killzone 3 é moi bon, uns graficos espectaculares na campaña e no online, unha banda sonora boa e os efectos bastante bons, o único punto onde deixa algo que desexar é na dobraxe ao castelán posto que estas voces non ''meten medo'' o cal é algo que millora a cinematografía do xogo. Asi como en Killzone 2 podríanos parecer moi oscuro en Killzone 3 millorase este aspecto e os gráficos son mais claros e os escearios tamén.

O modo online é destacable, superando a Call of Duty e outros shooters en moitos aspectos, os servers son moi estables e non hai nin unha gota de lag nin de paróns nin de saidas de partidas nin ningunha historia destas. A cantidade de armas é aceptable e a variedade de clases favorece á estratexia.

En resumo de contas, Killzone 3 é un gran xogo que cumpre todas as espectativas que se depositaran nel. Tanto o millorado modo online como a tan variada e divertida historia fan que este xogo sexa un dos millores xogos de acción en primeira persoa de PS3. Unha compra moi recomendada para os amantes deste xenero.

Sociedade