Kozmic Blues veu para quedar

Kozmic Blues veu para quedar

04 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Kozmic Blues actúa ás nove da noite na capela do Torrente Ballester, presentando o seu primeiro disco "Premonition". Pablo Portero é o autor do video-clip que sirve de presentación e promocion do grupo e do disco. Esta semana falou en Radio Fene dese traballo estreado hai uns días e rodado a carón do mar.

Andrés e Elisa suben ao escenario do Torrente Ballester coas súas cancións ás nove da noite. A entrada é gratuita pero hai que retirar as invitacións antes, na billeteira do Jofre.

Sociedade